Accesibilidad

Noticias 

Estivemos en Madrid na revolta da España Baleirada

31/03/2019

Como estaba previsto desde a Limia e a Comarca de Monterrei saímos ás 5 da mañá nun autobús un grupo de peroas destes territorios e máis da Ribeira Sacra para estarmos con xente doutras 26 provincias coas que compartimos a triste nova de que os nosos territorios están sendo víctimas da eutanasia que as distintas administracións lle están aplicando dende fai anos.

E ata nos mollamos... Porque choveu en Madrid onde só o fixera10 días en todo o inverno. Pero cantamos, tocamos, bailamos, démonos moitas apertas e ánimo; e démoslle visibilidade a unha problemática que nos afecta a todos. E compartimos a ledicia de sentirnos moi ben acompañados na loita na que andamos metidos. 

E por isto, estes días chamáronnos de Radio Nacional de España, da Cadena Ser... e ata foi nesta tarde de domingo, mentres volviamos de Madrid, a televisión galega a Lodoselo poñerlle imaxes á Galicia Baleirada. 

Está claro que sen poboación non hai desenvolvemento e sen desenvolvemento non hai poboación; pero non vale calquer tipo de desenrolo. Este modelo é un engano. Había moitas pancartas enxeñosas; quédome con esta: "quixéronnos enterrar pero non sabían que eramos sementes". 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-fds-4075689  Telexornal Serán 31 de marzo

Por se lle queredes botar unha ollada. Desde 1.39 a 2.18   e do min. 13.33 ó 17.33

Arquivada en:
Infórmate > Noticias