Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 29/03/2019 | 1

Case todo arranxado para a revolta da España Baleirada

Este domingo 31 de marzo: Por un medio rural, vivo!

29/03/2019 | A Limia

Na madrugada do domingo, ás cinco da madrugada, sairemos en autobús desde A Limia para participar nesta "movida" por un medio rural vivo. O CDR O Viso e o CDR Portas Abertas iremos xuntos e como todos os Centros de Desenvolvmento Rural asociados en COCEDER sumámonos a esta mobilización e animamos a todas as persoas dos nosos territorios a que se unan. 

Esta tarde Radio Nacional de España dedicou o programa "Por tres razones" a esta temática: A España baleirada: queremos un rural habitable e habitado. Unha das nosas proclamas dende hai anos. Saímos desde o min. 14.31 ó 17 como "teloneros" do amigo Jeromo. Dando visibilidade ó noso medio rural no empeño de equilibrar territorio e poboación: Por un medio rural habitable e habitado. 

http://mvod.lvlt.rtve.es/resources/TE_SX3RAZO/mp3/5/8/1553885932585.mp3

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias