Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/03/2019 |

Espazo Amigable.

Un lugar para falar, preguntar, escoitar, aprender, sentir... Información sen prexuízos!

26/03/2019 | Xinzo de Limia.

Hoxe estivemos no I.E.S. Lagoa de Antela presentando un novo programa con cal pretendemos detectar, analizar e dar resposta ás demandas da mocidade e así servir de guía nunha etapa tan complexa como é a adolescencia. 

O Espazo Amigable é un punto de información, asesoramento e apoio personalizado e confidencial, situado no I.E.S. Lagoa de Antela, no cal poderán informarse de temas tales como: orientación laboral, sexualidade, conductas adictivas, resolución de conflictos, acoso escolar, autoestima, comunicación, relacións tóxicas, etc. 

Levarase a cabo unha atención individualizada  por parte dxs seguintes profesionais: educadora social, traballador social e psicóloga.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias