Noticias
© CDR O Viso | 06/03/2019 |
8 de Marzo: Día Internacional das Mulleres.
Coeducar en e para a igualdade.
06/03/2019 | Xinzo de Limia
Traballar en e para a igualdade entre mulleres e homes dende idades temperás axudará a eliminar os estereotipos relacionados co xénero e, por conseguinte, a previr situacións de discriminación sexista no futuro. Dende o CDR O Viso seguimos apostando pola coeducación como a mellor ferramenta para acadar este obxectivo.
Dende o luns 11 ata o xoves 14 de marzo percorreremos tódolos CEIPs e IES da comarca da Limia levando a cabo actividades de coeducación, igualdade, sensibilización, ... e fometando ao debate.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias