Accesibilidad

Noticias 

© TVG | 09/02/2019 |

O comedor social do CDR na TVG

No programa "Fun polo aire"

09/02/2019

O pasado venres, 8 de febreiro, a televisión galega fixo unha pequena reportaxe sobre o comedor do CDR O Viso, facendo fincapé no comedor a domicilio. No programa 102 de Fun polo Vento, a partires do minuto 25.33 e ata o 29.45 podedes ver o enfoque que lle deron.

Lembrar que esta actividade levamos 20 anos facéndoa. Comezamos no 1998 nos baixos da casa reitoral e só os fins de semana e festivos. No 2000 xa se comezou a realizar todos os días e posteriormente tamén levando as bandexas isotérmicas ás casas. No 2012 pasamos a facelo desde o Centro de Inclusión, o centro novo construído que nos posibilitou unha notable mellora de espazos.

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-102-4034255?t=1520

Arquivada en:
Infórmate > Noticias