Infórmate > Noticias 

Noticias 

Formación Dixital e Alfabetización Tecnolóxica
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

25/01/2019 | Lodoselo

Todos os venres no Centro de Inclusión de Lodoselo

1 de 1

Como cada venres no Centro de Inclusión de Lodoselo en horario de 10.00h a 11.30h levamos a cabo as sesións de Formación Dixital e Alfabetización Tecnolóxica, con un total de 17 persoas participantes. Un dos obxectivos principais é conseguir coñecementos básicos e habilidades metodolóxicas no uso do ordenador e telefonía móbil, así como o manexo das principais ferramentas TIC de comunicación, participación, ocio e xestión da vida diaria.
Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán á concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede a súa convocatoria para os anos 2018,2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info