Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/01/2019 |

Curso de español básico para mulleres migrantes (segunda parte)

Intégrate: Programa de integración social e laboral para persoas migrantes

15/01/2019 | Xinzo de Limia

Onte, luns 14 de xaneiro comezamos o segundo período do Curso de español básico para mulleres migrantes no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia que terá unha duración de 144 horas. A formación levarase a cabo os luns de 17:30h a 19:30h e os mércores de 16:30h a 18:30h.
Como ata agora, posibilítase que as persoas participantes veñan acompañadas dos seus fillos e/ou fillas para o que dispoñemos dun servizo de apoio á conciliación nunha aula próxima á cal se desenvolve o curso.
Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018,2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020)

Arquivada en:
Infórmate > Noticias