Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 11/01/2019 | Cartel

LIMUHE: Programa de Empoderamento Feminino

Intégrate: Programa de integración social e laboral de persoas migrantes

11/01/2019 | A Limia

EMPODERAMENTO:  “Proceso de transformación mediante o cal cada muller, pouco a pouco ou a pasos xigantes, deixa de ser obxecto da historia, da política e da cultura, deixa de ser obxecto dos outros e torna en protagonista e en suxeito da súa propia vida. Dito doutra forma, é un proceso a través do cal cada muller desenvolve a conciencia de ter dereito a ter dereitos e a confiar na propia capacidade para conseguir os seus propósitos. Este proceso faise necesario se se ten en conta a constante desautorización das mulleres e as dificultades coas que se atopan para poder capacitarse e sentirse valoradas e recoñecidas”.  Marcela Lagard

LIMUHE (na honra da escultura da Dama da Lagoa de Antela do escultor limiao Xosé Lois Carreira e como tributo ó papel preponderante das mulleres no rural limiao desde a prehistoria ata hoxe) ten como obxectivo xeral mellorar a participación social e laboral das mulleres do ámbito rural permitindo unha maior e mellor incorporación das mulleres á actividade económica e a viabilidade social da comarca. Preténdese mellorar a calidade de vida das mulleres que viven na comarca e teñen dificultades para a inserción a través dunha mellor cualificación para o emprego fomentando a autoestima e a confianza necesaria para que se trasformen en protagonistas activas do seu propio proceso de integración social e laboral.

PARTICIPA! COMEZAMOS O XOVES 17!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias