Infórmate > Noticias 

Noticias 

Primeiro día do Concilia no Nadal 2018.
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

26/12/2018 | Xinzo de Limia

Hoxe comezamos as actividades do Concilia no Nadal 2018 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.

1 de 4

Neste primeiro día tivemos un pequeno grupo de nenos e nenas con ganas de xogar, imaxinar e crear. Día de emocións compatidas no cal falamos dos nosos soños e aquelo que nos gustaría facer, tal como: aprender a debuxar ben, viaxar, voar, ser felices... Tamén fixemos unha postal de Nadal e as cartas para os Reis Magos.

Ademais tivemos a sorte de que o tempo nos acompañou e puidemos facer xogos na Praza Carlos Casares.

Rematamos a mañá coa lectura dun conto grazas ao cal coñecemos datos sobre os nosos bosques e a súa flora e fauna.

Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de inicitativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2018, 2019 e 2020 (cofinanaciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

 

 

 

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

 

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info