Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 27/11/2018 | 1

Investigando, aprendendo saberes

Sementes e biodiversidade

28/11/2018 | Lodoselo

Ao longo do ano e en contacto con persoas maiores da zona, moitas delas vinculadas ás actividades do  CDR O Viso tratamos de recoller e poñer en valor os coñecementos que teñen sobre o sistema agrario tradicional da zona da Limia.
Puxemos  en marcha un horto seguindo, en todo o posible, as técnicas de cultivo propias da zona. Escollemos variedades locais (cebola, fabas, garavanzos, millo, cabazas, verza, nabos) co obxectivo de obter as primeiras sementes que formarán parte dun Banco de Sementes de variedades locais da Comarca da Limia.
Entre as variedades que escollemos algunhas son plantas bianuais (cebola, verza, nabos); destas seguiremos os seus coidados ata que recollamos sementes o próximo ano.
De fabas, garavanzos, millo e cabazas, ao ser plantas anuais, xa recollemos as súas sementes.

Onte celebrámolo no Centro de Inclusión comendo algúns dos nosos produtos (caldo de verzas e fabas...) e cantando.

Este proxecto poidémolo levar a cabo grazas a COCEDER-CDR O Viso cunha axuda do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente na convocatoria de subvencións a entidades do terceiro sector ou organizacións non gubernamentais que desenvolvemos actividades de interese xeral consideradas de interese social en materia de investigación científica e técnica de caracter ambiental.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias