Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 27/11/2018 | IES Ourense y José Ramón

Xantar entre amigos

Unha mostra de admiración, respecto, cariño

27/11/2018 | Lodoselo

O pasado venres, 23 de novembro, máis dunha treintena de compañeiras e compañeiros dos IES Ferro Couselo e Universidade Laboral de Ourense quixeron ter este detallazo co noso amigo José Ramón Jorge Janeiro. 

Compartir un xantar nas dependencias do CDR "O Viso", onde José Ramón leva colaborando desde a súa posta en marcha cando estaba de párroco aquí en Perrelos, Piñeira Seca, Solveira, Pidre e Boado e dando clases no IES Cidade de Antioquía. Despois foi trasladado a outras parroquias e seguíu neses IES da capital. E sempre seguiu e segue botando unha man na actividade do Centro e ocupando diferentes cargos na Xunta Directiva.

Así que escolleron facer aquí esta homenaxe. E preparamos un menú da casa, do país; cos nosos produtos: empanada, caldo, año con patacas, filloas. E aproveitamos para dar a coñecer outros da contorna: a bica branca de Soutelo Verde e os licores ecolóxicos de Alicornio. 

Moitísimas grazas por escoller Lodoselo para facerlle este recoñecemento a José Ramón e moitísimas grazas a José Ramón por seguir mantendo o empeño de construírnos un mundo máis xusto e fraternal.

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d233837635kP767995978o2l1/comida-josé-ramn

Arquivada en:
Infórmate > Noticias