Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 27/11/2018 |

Campaña para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Coeducación, igualdade.

27/11/2018 | Xinzo de Limia.

A pasada semana percorremos os CEIPS da comarca e os IES de Xinzo coa campaña para a eliminación da violencia contra as mulleres.

Dende o CDR O Viso apostamos pola prevención, sensibilización e concienciación dende idades temperás. Queremos persoas dialogantes que se relacionen con respeto e tolerancia. Por iso, ao longo da semana, levamos a cabo dinámicas de coeducación e igualdade orientadas a eliminar estereotipos ou ideas preconcebidas sobre as características que deben ter as nenas e os nenos, os mozos e as mozas, as mulleres e os homes...

Semana de información, debate, escoita...e seguiremos ata que esta dura realidade desapareza!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias