Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/11/2018 |

Proxecto Integral de Intervención Social na Comarca da Limia: Servizos de proximidade.

Un ano máis A Obra Social "La Caixa" apoia o Proxecto do CDR

26/11/2018

O proxecto foi subvencionado con 36.000€ a través da convocatoria da Obra Social "La Caixa" no marco do programa de axudas a Proxectos de Iniciativa Social "Acción Social no Ámbito Rural".

Este proxecto ofrece ás persoas maiores da comarca da Limia, servizos e actividades que facilitan o desenvolvemento dun plan de vida no seu fogar a través de accións que fomentan a autonomía persoal, aseguran coidados de necesidades básicas, interveñen freando o deterioro, mantendo habilidades e/ou recuperando funcións e acompañan emocionalmente tanto á persoa usuaria como a súa rede de apoio.

Todo iso, coa finalidade de potenciar a permanencia no propio fogar (e/ou alongala o máximo posible) en condicións óptimas e saudables, evitar o desarraigo e a institucionalización e frear a desaparición e centralización dos servizos sociosanitairios.

Este proxecto supón a continuación e mellora dos levados a cabo desde hai máis de 25 anos polo CDR O Viso. Os servizos de proximidade prestados atenden principalmente a persoas maiores xa que esta é a poboación maioritaria no medio rural, pero a atención esténdese tamén a persoas de todas as idades que poidan estar en situación de dependencia e/ou risco de exclusión social.

O modelo de intervención que utilizamos baséase no Modelo de Atención Centrado na Persoa que supón a elaboración dun plan terapéutico personalizado con e para a persoa beneficiaria e as súas familias e persoas coidadoras. Tratamos de ofrecer un servizo de atención integral que aposte pola autonomía persoal e o benestar físico, psicolóxico e social das persoas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias