Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 23/10/2018 |

Limuhe: Visita á Asociación de Mulleres Rurais A Lomba

Intercambio de culturas, chocolate e marmelo.

23/10/2018

Non poderá lograrse unha integración real sen un coñecemento profundo do outro, da súa cultura e da súa visión do mundo. Romper os prexuizos, comprender a nosa historia e achegar culturas... Coñecerse, en suma, é o único camiño cara a integración.

E nesta línea traballamos onte, en Laroá, coas súas mulleres. A Asociación de Mulleres Rurais “A Lomba” convidounos a pasar unha tarde con elas, a coñecernos e a facer marmelo. E así fixemos. Falamos das festas facendo un intercambio: Explicaron primeiro as participantes do noso programa “Limuhe” as súas, e logo as de Laroá explicaron as galegas. Todo acompañado de doces e un vasiño de cholocalate. E é que falando, enténdese a xente. E as similitudes son moito máis grandes que as diferenzas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias