Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/09/2018 | Voluntariado

II Xornada de Convivencia e Voluntariado

17/09/2018 | Lodoselo

O pasado sábado 15 de setembro celebramos nas nosas instalacións de Lodoselo a II Xornada de Convivencia e Voluntariado.

Para a xornada convidárase ao persoal das entidades sociais da comarca... E contamos coa presenza de voluntarios de LIMISI, CRUZ VERMELLA; ASVIGAL.... Ademais dalgún dos nosos usuarios de Xinzo, e algunha persoa máis que quixeron conocer máis a fondo todo o que abarcamos dende o CDR.

Despois das presentacións e de facer unha rutiña polo albergue (e a pesar de que o sol quentaba como se de un día de pleno agosto se tratase), animámonos a meternos no forno e facer o pan coa axuda de Angelita, quen puxo en valor o de antes, o rural, o feito a man con agarimo, "sen conservantes" e en veciñanza. Volvemos ó albergue mentres cocía o pan e alí nos esperaba Toño para explicarnos cómo empezou todo e cómo esta utopía realizable segue tomando forma. Sempre grazas á inestimable axuda dos voluntarios e voluntarias; que "son como o sal, non se ve, pero potencia o sabor do que hai no plato".

E seguimos... Fixemos o percorrido que vai dende o albergue ao Centro de inclusión para ver as instalacións, facendo unha parada na Vivenda. O encontro rematou cun xantar de confraternidade no Comedor Social onde o que máis importaba non era o que había no plato (que estaba ben bo, por certo) eran as persoas que tiñamos ó lado. Moitas grazas a todos os participantes por unha marabillosa xornada. Vémonos de hoxe nun ano! (A moito tardar...)

Arquivada en:
Infórmate > Noticias