Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/08/2018 | Cartel

Concilia no verán.

Programa de concliación familiar, laboral e persoal.

06/08/2018 | Lodoselo, Sarreaus.

Actividades medioambientais, xogos ao aire libre, contacto cos animais... en Lodoselo, un espazo onde os nenos e as nenas poden descubrir, experiementar, xogar e crear nun medio natural, cun ambiente relaxado de colaboración e respecto ás súas necesidades e ritmos.

No concilia, apostamos polos xogos ao aire libre, xa que nos permiten entrar en contacto cunha gran variedade de estímulos e sensacións: cambios de tempo e temperatura que se poden dar nun mesmo día, o vento que move as follas das árbores, as sombras, o canto dos paxaros, o roce das plantas, o cheiro da herba e das flores, etc.

Ademais, cada día, os nenos e as nenas acompañan aos nosos maiores dende a vivenda comunitaria ata o centro de inclusión, un fermoso intercambio de experiencias, transmisión de tradicións, cultura popular e valores. Esta xuntanza produce nas persoas maiores un aumento de vitalidade e autoestima; á súa vez, as nenas e os nenos aprenden a valorar ás persoas maiores como fonte de sabiduría e experiencia, mellorando así as súas habilidades sociais, especialmente a empatía e a tolerancia.

Proxecto cofinanciado pola Deputación Provincial de Ourense e a Fundación Espadaña.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos durante o mes de xullo.


CONCILIA XULLO

Arquivada en:
Infórmate > Noticias