Infórmate > Noticias 

Noticias 

Visita a Lodoselo do CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas).
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

07/05/2018 | Lodoselo, Sarreaus.

1 de 7

O pasado venres 4 de maio, visitáronnos no pobo escola de Lodoselo un grupo de 32 nenos e nenas de 3 a 8 anos, acompañados/as de 4 mestras do CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas).
Un soleado día no cal os/as cativos/as tiveron a oportunidade de aprender dunha maneira lúdica cómo se fai o pan de maneira tradicional, de sensibilizarse coa importancia de coidar e respectar o medio ambiente mediante un obradoiro de papel reciclado e por medio do conto do Carballo con Botas.
Ademais, puideron desfrutar do contacto cos nosos animais, tan importante para o desenrolo físico, cognitivo e emocional dos nenos e das nenas.

Moitas grazas!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info