Accesibilidad

Noticias 

Tecendo, aprendendo... Abraiando

Xornada sobre o tear, o tecido ...

06/05/2018 | Lodoselo

Tal e como estaba programada dedicamos esta xornada do sábado 5 de maio ao mundo dos fiadeiros. Sendo unha das actividades que ofertamos desde o Pobo escola, tendo a posibilidade de contar cos dous mestres especialistas -como son o Manuel e o Carlos, seguimos formándonos un chisquiño nesta faceta que é todo un mundo.

Palabras como restelo, espremedeiras ou premedeiras, orgo, urdume, caneleiro, lanzadeira, tempereiro; a lóxica matemática que está sostendo toda a montaxe da urdume no tear; a paciencia para ir de vagar e atopar na repetición e no son do tear un acompañamento que relaxa; a atención sostida que require... e un longo etcétera fan deste traballo un arte (como doutros moitos cando o enfoque é o que ten que ser).

Hoxe pasámolo moi ben. Manuel e Carlos aprendéronnos e agasalláronnos con moitas achegas que eles teñen recollidas de ir de pobo en pobo -desde hai anos- na procura daquelas persoas que se dedicaron a isto; das moitas tecedeiras que había e das peculiaridades case de cada unha delas, das diferentes zonas. Moitas grazas! Esperamos seguir con máis xornadas así.  

Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes (case todas tomadas por X. Calleja) para que vos fagades unha idea das actividades que realizamos.

  

Arquivada en:
Infórmate > Noticias