Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 22/04/2018 | En el patio

Fins de semana no Pobo escola

Organizado polas A.N.P.A.S

22/04/2018 | Lodoselo

Se o pasado fin de semana estiveron aquí, o sábado, familias e nen@s de Ourense na saída que promoveu a Asociación de Nais e Pais do Ceip Curros Enríquez este fin de semana foron familias de Lugo as que participaron do Pobo escola o sábado e domingo; nesta ocasión foi a A.N.P.A do Ceip Illa Verde (Lugo). 

Desde o C.D.R. "O Viso" queremos agradecer que se escolla esta opción que nós ofertamos de recuperar para a acción educativa o patrimonio cultural e social da comunidade rural. A través de actividades como facer o pan no forno comunitario, xogar ós nosos xogos (tradicionais e/ou populares) e ós xogos do mundo e outras que tratan de contribuír a facernos máis conscientes da nosa relación co medio (no recuncho do carballo con botas ou cos animais)...  Hoxe, ademais, había máis: é o Día Internacional da Nai Terra, hai persoas que estiveron relacionadas con Preescolar na Casa, con Adega...  

E se nos parece importante que participen disto as crianzas que veñen, e moitas, dos centros escolares, asociacións, etc. xa é algo espectacular cando o que aquí se trata de achegar é compartido tamén polas familias. Por todo isto, tamén por apoiar -coa vosa presenza aquí e as achegas que nos facedes -tamén a  económica- e facer posible que o que nos parece necesario siga sendo posible. Moitísimas grazas!

http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d186200062kP650283141o2l1/22-de-abril-2018

Arquivada en:
Infórmate > Noticias