Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 10/04/2018 | 1

Primeira semana do curso de Mantemento de xardíns e espazos verdes sostibles.

09/04/2018 | Lodoselo

O día 3 de abril iniciamos, como estaba programado, o curso de Mantemento de xardíns e espazos verdes sostibles nas instalacións do CDR O Viso en Lodoselo. Comezamos un grupo de 10 persoas, todas elas da comarca da Limia e de distintas nacionalidades polo que esperamos que o curso sexa moi interesante e achéguenos un enfoque multicultural. Despois de realizar a presentación do mesmo, do profesorado que se fará cargo de levalo a cabo, do amplo programa que temos por diante e de facer dinámicas de grupo para coñecernos un pouco mellor, entramos de cheo co módulo de igualdade co obxectivo de sensibilizar e concienciar ao alumnado en materia de igualdade de oportunidades e realizar un traballo transversal durante todo o curso, promovendo a reflexión co ánimo de ir cambiando actitudes e valores no ámbito formativo, laboral e social.
En todo momento utilizarase unha metodoloxía participativa implicando ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe, garantindo a igualdade de oportunidades en todas as fases da formación e por suposto e cando o tempo nolo permita, realizaremos unha formación práctica no exterior.. xa estamos a desexar coller as ferramentas e empezar a experimentar todo o que imos aprendendo..
Esta actuación formativa está dirixida ás persoas maiormente afastadas do mercado laboral e é subvencionada ao amparo da Orde do 12 de maio de 2017 que estableceu as bases para a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e foi convocada para os anos 2017 e 2018 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), DOG nº 104 do 2 de xuño por parte da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Arquivada en:
Infórmate > Noticias