Accesibilidad

Noticias 

© CDROViso | 08/02/2018 |

Comercio Xusto nos IES.

Seguimos coa campaña de sensibilización e concienciación do comercio xusto.

08/02/2018 | Xinzo de Limia

O CDR O Viso está moi comprometido, dende os seus inicios, co cambio cara un mundo mellor, onde as desigualdades non teñan lugar, onde tódalas persoas conten coas mesmas oportunidades. Por iso, consideramos primordial facer campañas de sensibilización e concienciación sobre a realidade e incidir no que podemos facer para mudala. Unha das moitas campañas que levamos a cabo ao longo do ano é a de Comercio Xusto, unha loita constante para erradicar a pobreza mundial.

Hoxe contamos coa colaboración de Heloise, unha rapaza francesa beneficiaria do servizo de voluntariado europeo, apoiado e financiado polo Programa Erasmus + da Comisión Europea, co cal colaboramos activamente dende o ano 2005.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias