Infórmate > Noticias 

Noticias 

Carla, de embaixadora, no Ceip Rosalía de Castro
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

14/12/2017 | Xinzo de Limia

Achegándonos o seu Portugal

1 de 4

Este xoves 14 de decembro Carla, que leva preto de 9 meses facendo no CDR O Viso o Servizo de Voluntariado Europeo, estivo no Ceip Rosalía de Castro de Xinzo de Limia axudándonos a coñecer un pouquiño mellor o seu país, Portugal.

Cunha actividade moi ben deseñada na que o alumnado tivo que atopar unhas pistas pola aula fomos despois familiarizándonos co Fado e Amalia Rodrígues, con Lisboa, coa gastronomía, co can de agua... Valorando o Portugués como a sexta lingua máis falada no mundo, así como a ponte Vasco da Gama, a máis longa de Europa ou a librería máis antiga ou a segunda máis antiga de Europa. 

Mesmo nos achegou, a través de figuras moi populares entre a rapazada, como C. Ronaldo e J. Mourinho, sobre todo o primeiro deles, algúns datos da súa biografía e do aprecio que se lle ten no seu país por non esquecer o seu punto de partida e estar a apoiar moitos proxectos: a cara solidaria do C. Ronaldo. 

Moitas grazas, Carla!!! E tamén a estas crianzas que gustaron moito de coñecer de primeira man unhas mensaxes que os engaiolaron.   

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info