Accesibilidad

Noticias 

Actividades para erradicar a violencia contra as mulleres

Nos CEIPs de Rairiz de Veiga, Os Blancos, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Baltar e nos de Xinzo (Carlos Casares e Rosalía de Castro).

23/11/2017 | A Limia

O luns, tal e como estaba programado, estivemos en tres centros de infantil e primaria da comarca (Rairiz de Veiga, Os Blancos e Sandiás) coas actividades para erradicar a violencia contra as mulleres.

Un fermoso día de intercambio de opinións, busca de solucións e moitos sentimentos a flor de pel no cal os máis cativ@s debuxaron e falaron da súa superheroína; esa muller real a cal admiran e queren.

Moitas grazas a tódolos grupos por ser tan participativos.

O martes tocoulle a Sarreaus. Nenas e nenos de entre 5 e 11 anos coñecendo grandes logros de mulleres valentes. Moitas grazas pola implicación na actividade! Un marabilloso grupiño.

O mércores e xoves seguimos e estivemos nos CEIPs de Xinzo (Carlos Casares e Rosalía de Castro), no de Vilar de Barrio e o de Baltar. Atopamos uns nenos e nenas con moitas ganas de cambiar o mundo para mellor, dispostas e dispostos a loitar para mudar as cifras de mulleres mortas por cero. Moitísimas grazas a todos os grupos!

Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vos fagades unha idea de todo isto

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d153063307kP620839079o2l1/25-de-nov-2017

Arquivada en:
Infórmate > Noticias