Accesibilidad

Noticias 

Agradecemento por participar no proceso de selección

Educador/a Social

29/10/2017

Desde o CDR O Viso queremos agradecer a todas as persoas que nos enviaron o seu currículum pola oferta de emprego (Educador/a Social) que publicamos tamén aquí na web.
Sabemos que o máis correcto sería contestar a cada persoa pero ímolo facer desta maneira polo tempo que nos supoñería…
A tod@s: Moitísimas grazas por participar. Grazas e moito ánimo. Atopamos currículums bos, cartas de presentación/motivación impresionantes… Pero só era un posto de traballo.
Despois de apartar os CV que non reunían os requisitos imprescindibles da praza ofertada e dado que foron moitas as persoas candidatas que nos pareceron axustarse ó perfil solicitado, tivemos que preseleccionar a uns poucos segundo os méritos baremables; destes filtramos aínda máis para non alongar o proceso. Así que chamamos a algunas persoas para a entrevista. Destas xa se colleu a unha e si comunicamos ás outras a decisión tomada.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias