Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/10/2017 | Curso

Inaugurado o curso de español básico

Programa INTÉGRA-T

19/10/2017 | Xinzo de Limia

Onte, mércores 18 de outubro, iniciamos o Curso de español básico para mulleres migrantes no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia que terá unha duración de 60 horas e celebrarase entre este mes e o que vén, tres tardes á semana –luns, mércores e venres- dende as 16:30h até as 19:30hs.

O número de participantes desta volta é de 15, debido a que avaliando coa docente de referencia de antano, considerouse que para un ritmo máis óptimo de ensino-aprendizaxe debíamos contar cun grupo máis reducido e homoxéneo.

Posibilítase que as persoas participantes veñan acompañadas dos seus fillos e/ou das súa fillas para o que dispoñemos dun servizo de apoio á conciliación nunha aula próxima á cal se desenvolve o curso.

Con esta actuación queremos dar continuidade ao iniciado antano onde a valoración por parte das profesionais docentes fora moi positiva e onde as participantes –das que repiten a maioría- demandaron que tivese continuidade.

Esta actuación formativa pretende dar corpo ao Programa INTÉGRA-T, de apoio á inclusión sociolaboral para mulleres migrantes, que consistirá na realización de itinerarios específicos para este colectivo  cos obxectivos de contribuír á súa integración social e, á súa vez, incorporar algunha actividade que poña en valor a súa cultura achegándoa e dándoa a coñecer a persoas doutras culturas.

O curso básico de español –que terá continuidade a comezos do ano que vén-, o Programa Intégra-T e o servizo de apoio á conciliación son actuacións subvencionadas a través da Orde do 12 de maio de 2017 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2017 e 2018 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), DOG nº 104 do 2 de xuño
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170602/AnuncioG0425-220517 0005_gl.html

Agradecer a hospitalidade por parte da Dirección do CEIP Rosalía de Castro; tamén do persoal de limpeza. Grazas.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias