Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 08/10/2017 | 1

Participamos na 38 edición da festa da pataca

Con xogos populares, tradicionais, do mundo

08/10/2017 | Vilar de Barrio

Nesta xornada de domingo, 8 de outubro, estivemos colaborando coa Asociación Cultural "Festa da Pataca" en Vilar de Barrio. Cun día máis de verán que de outono a vecindade e cantos se achegaron por alí participaron cos xogos de sempre e con moitos outros. Así que lanzamos coa ra, a chave,a ferradura... e tamén as boinas; corremos collendo patacas, coa roucha e o garrancho; competimos tirándolle ós birlos, coas tartarugas, pescando botellas, sacando pauciños, coa billarda, o queixo, a porca...

E, unha vez máis comprobamos o ben que se pasa cos xogos de sempre; aprendendo historias que os maiores nos contan a partir do que a eles lles pasou xogando con algún destes trebellos. O participativa e competitiva que é a nosa xente. O xeito que lle dan aprendéndolles ás crianzas... 

Así que moitas grazas ós organizadores por contar con nós e moitísimas grazas a tod@s os participantes por esta xornada; os tarecos cos que acudimos co seu ánimo e as ganas que lle puxeron deron pé a pasarmos un espectacular día.  

Arquivada en:
Infórmate > Noticias