Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/07/2017 |

Concilia no verán. Campamento en Lodoselo

1ª quenda

03/07/2017

Este luns 3 de xullo botou a andar o campamento para a conciliación da vida familiar e laboral. Actividade incluída no proxecto "Concilia no verán". Un bo grupo de crianzas, a maioría da comarca, pero tamén das outras provincias galegas van estar esta semana gozando do rural. Uns poucos están só de día e a gran maioría queda a durmir tamén. Moitos deles xa teñen estado nestas actividades en ocasións pasadas. Outr@s é a primeira vez; para algúns, un paso máis... Antes fixera a modalidade só de día e este ano xa se quedan pola noite.   

Neste primeiro dia ademais de xogos e diferentes actividades para coñecerse, afacerse, ir facendo grupo... tivemos uns invitados moi especiais: a xente do equipo Antioquía Demons ( Aitor, Álvaro, Nerea e Fabio) que nos acompañaron e aprendéronnos como se xoga ó fútbol americano (modalidade flag). Moitas grazas!!! E si, che@s de enerxía pomos a vista nunha semana chea de actividades,obradoiros, roteiros e sobre todo moita, moita diversión.  

Arquivada en:
Infórmate > Noticias