Accesibilidad

Noticias 

Participando no Obradoiro de Boas Prácticas

Na Fundación Barrié

22/06/2017 | Vigo

Este xoves, 22 de xuño,  entidades do Terceiro Sector reunímonos na sede da Fundación Barrié, en Vigo, para intercambiar experiencias, compartir coñecemento e aprender como desenvolver unha axeitada comunicación con ferramentas dixitais como a páxina web corporativa. Como parte do desenrolo do Plan de Acción Web Conecta 2016-2018.

Óscar, Hicham e Carmen están representando ó CDR "O Viso". Especialmente aproveitamos para dar as grazas a Óscar que só traballou con nós uns meses e segue vencellado - como voluntario- ó CDR. Aquí o tedes, na foto que pon a Fundación Barrié na súa páxina, explicando ás outras entidades as boas prácticas que el inxeniou para dar un salto cualitativo importante no noso intento de estar, tamén nas redes, facendo un traballo digno; dando visibilidade ao cotiá... Moitas grazas!  

Arquivada en:
Infórmate > Noticias