Accesibilidad

Noticias 

Aniversario de Irene e Sofía

Celebración en Lodoselo

21/05/2017

   Onte, sábado, un grupo de familias viñeron facer a festa de aniversario de dúas irmás, Irene e Sofía, con nós. Dezaseis nenas e nenos e outras tantas persoas adultas fixeron unha celebración diferente; si, tamén houbo tarta e agasallos... pero sobre todo houbo actividades ó aire libre. E ademais compartindo -nalgún momento- espazos coa celebración do casamento de Conchi e Rubén (parabéns!!!)... Así que ata tivemos foguetes!!! 

Aplaudimos e celebramos a iniciativa destas familias, case todas do Ceip Curros Enríquez de Ourense, con Mar de organizadora (grazas tamén polas fotos) porque escolleron o medio rural, actividades na natureza e sabemos o importante que é isto para unha xeración de crianzas que ten déficit de vitamina N (como di Antonio Sandoval, a da Natureza).

Así que amasar o pan para que levedara e cocelo, facer o papel reciclado, dar un paseo no carro polo que turraba o burro Fariñeiro, darlle o biberón ós años, tocarlle ós coellos e pitiños (mesmo a un que saíra do ovo o día anterior)... Ver o ovos azuis dalgunhas das nosas galiñas (na comarca de Carlos Casares e relacionalo, e máis estes días, coa galiña azul)... E xogar polas rúas, brincar na herba do campo da Lama... De seguro que será un boa experiencia. E un alento de vida para un medio que goza da algarabía desta xente miúda, que aquí, parece que están "en perigo de extinción".

Arquivada en:
Infórmate > Noticias