Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 17/04/2017 | Matrioska 1

Matrioska, CDR O Viso e o Carballo con Botas

Troco, sinerxía... VALORES.

17/04/2017 | Lodoselo

Nestes días da "Semana Santa" tivemos a sorte de poder contar cun espectacular equipo de artistas para mellorarmos un dos espazos educativos que conforman o Pobo escola: O Carballo con Botas. Agora teremos que aproveitar a vindeira visita á Limia de Anxo Moure (domingo 23 de abril) para que veña ver o resultado deste obradoiro que bautizamos co seu nome e no que empregamos unha das súas histoiras...

O pasado 13 de abril os amigos de Espacio Matrioska viñéronnos agasallar cun traballo artístico para que este recuncho de educación ambiental polo que pasan tantos e tantas crianzas engaiole, se cabe, un pouquiño máis. Moitas grazas!!! Esperamos seguir colaborando e mantermos vivos estes valores que sempre deron identidade ó medio rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias