Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/04/2017 | roda roda

Máis dun cento de persoas visitaron Lodoselo a pasada semana

Un instituto francés e o grao de Educación Infantil da Universidade de Vigo acoden ás instalacións do CDR

05/04/2017 | Lodoselo

Semanas de moito movemento nas dependencias do Viso. A pasada, máis de 100 persoas chegaban a Lodoselo en dos grandes grupos de máis de 50 visitantes.

O instituto francés “La Salle” de Rennes empregou parte da súa excursión a Galicia para pasar o mércores por Sarreaus como actividade complementaria á súa materia Empresas cooperativas. A rapazada do lycée, de entre 16 e 17 anos, deixounos como momento estrela a súa conversación con Plácido, usuario do Centro Lodoselo que traballou no seu país por moitos anos. Imposible non ver a emoción nos ollos do noso amigo rememorando os vellos tempos alí.

En canto ós alumnos do Grao de Educación Infantil, chegaron o xoves, desenrolando numerosas actividades habituais nos grupos que chegan a Lodoselo ó tempo que coñecían o proxecto. Ademais, tiveron a sorte de coñecer a Lucía e o noso programa Educación Infantil Familiar, ó coincidir a súa presenza coa visita universitaria. Moi interesante para todos e todas a posta en común de ideas en torno ó presente e futuro da educación dos máis cativos e cativas.

2017 confirma unha vez máis a boa senda de Pobo Escola como piar do CDR O Viso en canto a público. Moitas visitas e moi boas experiencias semana tras semana neste marabilloso proxecto no que a cultura do noso rural se esparexe moito máis alá dos límites limiáns. Esta mañá, 24 nenos e nenas están a aproveitar o soleado día no pobo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias