Infórmate > Noticias 

Noticias 

I Foro Social Provincial no centro Marcos Valcárcel
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

04/04/2017 | Ourense

O CDR O Viso desprazouse a Ourense para esta posta en común dos proxectos sociais da provincia

Hoxe estivemos no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense con motivo do I Foro Social Provincial, no que nos xuntamos tódalas entidades sociais da provincia para pór en común as nosas necesidades e servizos en prol de que sexan máis eficaces para a nosa contorna e persoas usuarias.

O foro foi aberto coa presenza na mesa do noso traballador social Edi, quen presentou a nosa entidade ante o resto dos 23 grupos e asociacións sen ánimo de lucro que participaron no encontro como poñentes. A xornada despuntou pola variedade de temáticas e funcións que cada una das nosas entidades desempeña para dar cobertura ás desigualdades sociais que acometen a realidade da nosa provincia.

Se hai que destacar algo da xornada de hoxe seguramente sexa a reclamación dunha boa cooperación entre entidades, o principal motivo do foro. Se ben a algunhas persoas nos chamou a atención o compoñente individual das exposicións (centradas en cada organización e sen mesas redondas nin ambiente adecuado para compartir opinións no descanso dentro do propio Marcos Valcárcel), cómpre destacar a múltiple chamada á coordinación entre entidades para o correcto aproveitamento duns recursos cada día menores por parte de un bo número de centros.

En definitiva, o I Foro Social Provincial pechou o día como unha boa mostra do número de persoas que o terceiro sector move, así como coa citada chamada de atención sobre que a súa unión en épocas de supervivencia é clave para o bo mantemento das prestacións que na actualidade brinda a moitísima xente.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info