Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/04/2017 | 2

Coa primavera: abrollar, botar as patacas, nacementos, rapar...

Novas do pobo escola

02/04/2017 | Lodoselo

A natureza está espertando e é unha sorte participar deste agromar da vida. Case todas as ovellas pariron e con partos de dúas crías; todas menos dúas. O pasado venres apareceron os rapadores e xa lle fixeron a faena ás ovellas (porque, a verdade, o venres facía frío e peláronnas); tamén lle recortaron os pezuños. Algunhas galiñas están chocando e estes días naceron os primeiros poliños; estes catro da foto ós que seguiron tres irmáns máis. 

Tamén preparamos o anaco da finca de detrás do centro de inclusión; despois de que o José Antonio lle dera unha volta co tractor "entravesamos" coa Terra, "agradamos" co Fariñeiro e botamos as patacas. Tracción animal cos burros; ben acompañados; neste caso, ademais do Aníbal, o Toño e o Alberto, tamén estivo Fran (a última incorporación que temos en Lodoselo). Un habitante máis. Unha bendición ver que se re-abre unha casa no pobo. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias