Infórmate > Noticias 

Noticias 

Reparto do mes de marzo
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

31/03/2017 | Xinzo de Limia

1 de 2

Onte, xoves 30, tivemos reparto de alimentos e produtos básicos na Praza de Abastos de Xinzo de Limia.

O periplo deste reparto comezou coa organización dos lotes o pasado martes nas dependencias do CDR en Lodoselo, onde se contou coa axuda de Abdallah e Mhamed, exalumnos do curso de acondicionamento do medio natural, como voluntarios. O xoves pola mañá, desplazábamonos á nave que o Banco de Alimentos de Ourense ten no polígono de San Cibrao. A furgoneta do CDR volvía a Xinzo cheíña de mazás e peras con moi bo aspecto. Así mesmo, aproveitamos para levar unha doazón de productos de alimentación que desde aquí agradecemos unha vez máis.

A final de mañá, 13 familias recibiran produtos para paliala súa situación de exclusión social. Recalcar o apoio do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, da Deputación de Ourense e da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén de Natalia, responsable do Banco de Alimentos, así como do voluntariado que colabora connosco en cada traslado. O resultado é froito do traballo de moitas persoas.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > B. Servizos de Proximidade > B.1- Programa de Emerxencia Social

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info