Infórmate > Noticias 

Noticias 

O profesorado participante na folga educativa no pasado 9M demanda que o diñeiro que non cobrarán se empregue no social
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

15/03/2017 | Xinzo de Limia

O profesorado do CEIP Rosalía de Castro participante na folga do día 9 de marzo contra a LOMCE, os recortes en educación e a fin de recuperar os dereitos arrebatados á comunidade educativa, remitiu a Educación a demanda de que o correspondente salario que deixará de cobrar pola inasistencia devandito día sexa destinado a comedores sociais galegos e outras organizacións humanitarias de interese público que traballan en favor da inclusión e o prestamento de axuda a poboación vítima da Crise.

Desde O Viso aplaudimos a iniciativa, que consideramos debera non só ser tida en conta nesta ocasión, senón de forma xeralizada en posteriores. Este diñeiro queda nun limbo de utilidade estando os orzamentos establecidos sen contar con non ter que dalo, sendo moi necesario para servizos sociais en entidades como a nosa. Esta práctica xa foi levada adiante en anteriores ocasións.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info