Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 09/03/2017 | aproveitamento grupo

Remata a parte teórico-práctica do curso cunha cea

Agora quedan as prácticas non laborais en empresas e entidades do sector

09/03/2017 | Lodoselo

Cun espectacular bo ambiente fixemos este mércores nas dependencias do CDR O Viso (casa rectoral de Lodoselo) unha cea para despedirmos esta primeira parte do curso. Un curso que contou -na maior parte do días- cun aliado especial e que contribuíu moito ao bo facer; estamos a referirnos ó bo tempo. 

O outro ingrediente clave foa a sintonía entre as persoas participantes; grazas a isto a aprendizaxe foi moi exitoso o resultado dos traballos feitos alimentou o empeño de mellorar todos aqueles espazos que foron obxectivo da nosa actuación. Na valoración tivo mención especial o termos moita práctica, apoiada puntualmente cunha boa teoría e tamén a crítica ao pouco tempo que durou o curso.

Agora ven a realización das prácticas non laborais en empresas e entidades do sector: coa Sociedade Galega de Historia Natural, con Xardíns Víctor Vázquez Gulías, con Campos Montero Xardinería e no CDR O Viso.  

Aquí vos deixamos coas fotos destes últimos días. Parabéns e grazas a tod@s pola boa implicación.

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER o FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 "promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e cualquera forma de discriminación".

Arquivada en:
Infórmate > Noticias