Infórmate > Noticias 

Noticias 

8M: Día da Muller
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

08/03/2017

O CDR O Viso acude ós institutos de Xinzo para diferentes actividades de coeducación e igualdade

1 de 7

Un ano máis, o 8 de marzo chega para recordar que a igualdade de xénero ten que ser unha prioridade para calquera tipo de sociedade. Xa libre da etiqueta "traballadora", o Día Internacional da Muller lembra que (aínda a día de hoxe e pese os numerosos esforzos en canto a educación, lexislación e demais) a completa equidade está moi lonxe de alcanzarse.

Roles de xénero. Estereotipos. Desigualdade salarial. Desigualdade no propio acceso ó traballo. Violencia machista. A variedade de formas nas que a sociedade nos presenta este desquilibrio segue a ser abundante.

A nosa principal actividade hoxe nos institutos foi a utilización de diferentes stands representativos de algúns dos seus aspectos, para a partir deles falar da actualidade do tema das desigualdades de xénero ou os estereotipos sociais. Unha mañá moi enriquecedora, chea de animadas charlas e debates sobre unha realidade que agardamos algún día esta rapazada deixe atrás.

Quédanvos aquí algunhas imaxes desta mañá de cambio e loita nos institutos de Xinzo de Limia.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info