Infórmate > Noticias 

Noticias 

É o tempo do amarelo... Presaxiando a primavera.
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/03/2017 | Lodoselo

Contra o transtorno por Déficit de Natureza 

1 de 8

As mimosas, os toxos, os nabos... xa están coas flores amarelas indicándonos que queda menos para a chegada da nova estación. Se o toxo é unha planta emblemática desta nosa terra, así como as nabizas e os grelos, que coa flor nos indican que por esta tempada xa se acabaron, a mimosa é unha especie invasora; orixinaria de Australia, desde o 2013 está prohibida a súa introcución no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.

Richard Louv, o professor de Harvard Edward O. Wilson ten unha teoría chamada biofilia. Suxire que os seres humanos temos atracción innata pola natureza. E que precisamos de experiencias na natureza para nosa saúde mental e física. E fala de que estamos sufrindo o transtorno do déficit de natureza.

Así que, ánimo. Achégate ó teu contorno e goza do medio natural. Se che parece nós ofrecémosche a posibilidade de participar no pobo escola, de entrar en contacto cun medio natural humanizado da man dos seus protagonistas; os "catedráticos" sen título oficial pero que conseguiron sacar adiante a moita xente que hoxe vive nas urbes. Só coa alianza entre o medio rural e o medio urbano é posible un modo de vida mellor. 

Aquí poñemos algunhas fotos destes días: "Cos pés na terra" e ninguén mellor que os nosos amigos Antonio e Francisca lucindo o seu bo facer no día a día e por un momento "desfilando" no entroido pero dicíndonos: marchamos que temos que ir "munguir". Dúas ovellas recén paridas e os seus añimos xa na "gardería" ó aire libre no lameiro. As cabanas de ramallos que xa están preparadas na Aula da natureza á espera de gozar delas, non só a Néboa, a nosa mastina. As cegoñas que, de novo, volveron para criar no campo da Lama e lembrarnos que é tarefa de tod@s traballar por un medio rural habitable e habitado. Que sexa visitable e visitado de seguro é unha axuda mutua para os que aquí estamos e os que aquí vos achegades. Esperámosvos!  

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info