Accesibilidad

Noticias 

O curso de Conservación do Medio vai mellorando o noso entorno

Vivienda Comunitaria, Aula da Natureza, Centro de Inclusión e outros espazos de educación ambiental

22/02/2017 | Lodoselo

Despois dunhas xornadas de formación máis teóricas e grazas a un tempo espectacular para podermos traballar fóra o alumnado e profesorado do curso está a desenvolver uns traballos que teñen mudado para ben o xardín da vivenda comunitraria, os espazos de educación ambiental que se empregan para os obradoiros do Pobo escola e a aula da Natureza. Tamén se creou un xardín novo, que requerirá pouco mantemento, no Centro de Inclusión.

Cun moi bo ambiente entre os participantes do curso e un grande empeño por axudar a que se note o seu paso por Lodoselo, polo CDR O Viso, co apoio do persoal traballador e algúns voluntarios téñense feito traballos de poda, clareo, limpeza, deseño e mellora de espazos exteriores e xardíns. Traballos forestais, de cantería, carpintería, albañilería...

Este curso está subvencionado pola Consellería de Política Social e cofinanciado polo Fondo Social Europeo; destinado a entidades de Iniciativa Social para promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social; na convocatoria de 26 de abril de 2016.

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 "promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación".

Poñemos aquí un enlace para que poidades ver algunhas imaxes.

Esta actuación enmárcase dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER o FSE Galicia 2014-2020, no seu obxectivo 9 "promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e cualquera forma de discriminación".

Arquivada en:
Infórmate > Noticias