Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/01/2017 | eva comercio justo 2017

Primeira visita do ano aos institutos da nosa mesa de comercio xusto

O noso compromiso cos dereitos das persoas produtoras continúa neste 2017

19/01/2017 | Xinzo de Limia

Hoxe tivemos a primeira visita en 2017 da mesa de información e sensibilización do CDR O Viso aos institutos Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia. O café, a panela e o chocolate foron os grandes triunfadores da mañá. Parece ser que o inconsciente pedía unha boa cunca de leite para quentar un día marcado polas temperaturas baixo cero.

Como pertencentes a unha comarca produtora, no CDR O Viso temos a convicción de que cada grauciño de area que aportamos ao comercio xusto é un aporte á educación en valores das futuras persoas traballadoras.

Un ano máis, chegamos aos centros de estudos coa convicción de facer ver ós estudantes que existe outro modelo económico, respectuoso coas condicións laborais das persoas produtoras. Se somos quen de xerar nel@s a opción de poder elixir, adopten o modelo ou non, cada pinga pagará a pena.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > C. Área de Información e Participación Social > C.2- Comercio Xusto - Consumo Responsable