Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/01/2017 | EIF horarios primer trimestre 2017

Un novo ano para Educación Infantil Familiar

Comezamos o 2017 indo cantar os Reis a Vilar de Santos

03/01/2017

Hoxe, a partir das 5 da tarde, as familias participantes nos grupos de EIF xunto con outras familias da comarca, cantaremos os Reis en Vilar de Santos, convidados pola Arca da Noe,onde ademais das casas das veciñas e veciños, visitaremos o Centro de Día. Así aportaremos o noso grauciño de area á recuperación dunha tradición ben fermosa e moi estendida na nosa comarca. A próxima semana retomamos as xuntanzas de Educación Infantil Familiar na Limia. Polo de agora neste inicio de 2017 contamos con arredor de 50 familias de 8 concellos da Limia. Trátase dos grupos de Trasmiras-Sarreaus, Baltar-Calvos, Sta Baia de Montes- Cualedro, Os Blancos, CEIP Carlos Casares, Sandiás e os novos Paredes-Xinzo e Ganade-Xinzo. Dicir que hai outros grupos pendentes de horarios segundo a dispoñibilidade das familias. Nas xuntanzas de EIF faise notoria a necesidade de moitas familias de atopárense con outras para que nenas e nenos poidan coñecerse e xogar xuntos, algo que se está facendo difícil en aldeas nas que a poboación infantil é cada vez máis escasa. O despoboamento é, seguramente, o gran reto do rural limián e xeral nos vindeiros anos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > A. Área Educativa-Ambiental e promoción das contornas rurais > A.4- Ed. Infantil Familiar na Limia e Casa Niño