Accesibilidad

Noticias 

Que ben o pasamos no Concilia!

O mércores, segundo prato

02/01/2017 | Lodoselo

Como ben poñen en valor proxectos como Educación Infantil Familiar ou o Pobo Escola, no CDR O Viso temos un forte compromiso con que as novas xeracións da Limia a leven ben dentro. Concilia no Nadal é como un especial de Nadal na nosa programación.

O mércores pasado tivemos a primeira das dúas xornadas de este ano. Menos mal que o bo tempo deixounos facer moitas cousas divertidas, porque tralos xogos musicais do comezo xa non había quen nos parase!

 Acomodamos aos animais.  Deshidratamos mazás,  peras, plátanos, mandarinas.  Fixemos unha zoadeira. Ata  plantamos acivros, por todos  os que nestas datas se usan  como árbore de Nadal!

 Concilia no Nadal xorde para  ofertar unha alternativa de  tempo libre na época que lle  da nome, ademais de como  axuda á conciliación nestas  datas. Catro anos avalan xa  a traxectoria dun dos  proxectos máis  característicos do inverno do CDR.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias