Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/12/2016 | cartaz alzheimer afaor 2016

Charla sobre o Alzheimer impartida por AFAOR

Hoxe, día 15, ás 5 da tarde

15/12/2016 | Lodoselo

Esta tarde temos en Lodoselo unha exposición sobre o Alzheimer a cargo de AFAOR, a asociación ourensá de enfermos de Alzheimer.
Se ben na pasada semana xa tivemos unha para os traballadores do CDR, consideramos que a concienciación social sobre unha enfermidade tan do noso tempo e entorno ten que ser o máis extendida que se poida. Se a estas alturas aínda non o fixemos, case todo teremos que lidiar con estas situacións nalgún momento das nosas vidas. O persoal de AFAOR, como entidade adicada a esta doenza, é o máis cualificado para pór ante os nosos ollos o momento actual e como se debe actuar ante as situacións que xera.
Desde o CDR O Viso agardamos que a formación sexa do agrado do público, tal e como nos consta que o foron as últimas iniciativas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias