Infórmate > Noticias 

Noticias 

Un ano máis, Concilia no Nadal
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

13/12/2016 | Lodoselo

Para nenos de 4 a 12 anos, o 28 de decembro e o 4 de xaneiro

1 de 1

Un ano máis queremos aportar o noso gran de area á conciliación familiar nestas datas e ofertar alternativas lúdicas e recreativas para a xente máis nova. O programa Concilia no Nadal 2016 é a nosa proposta.
Os dous mércores de Nadal (28 de decembro e 4 de xaneiro) teremos actividades para nenas e nenos de 4 a 12 anos en Lodoselo. Isto permitiranos prestar opcións de tempo libre para que a mocidade teña contacto coa natureza, as tradicións das aldeas na época de Nadal e a xente máis maior, ao tempo que apoiamos á conciliación familiar das familias da comarca da Limia nestas datas.
Na imaxe tés toda a información. Se precisas máis, podeste achegar pola nosa oficina no número 1 da Praza Maior de Xinzo, xunto á cafetería Tremedoiro. Apúntate ata o 23 de decembro!

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Hosting por dinahosting.

banner

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info