Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 12/12/2016 | contribuindo o local contribues contigo

II campaña de recollida de alimentos Contribuindo ó local contribúes contigo

Do 12 ao 17 de decembro

12/12/2016 | Xinzo de Limia

Hoxe ponse en marcha a nosa segunda campaña de recollida de alimentos para o tempo de Nadal. A iniciativa foi todo un éxito na pasada edición, e neste caso agardamos que ninguén quede sen recursos para poder pasar ben estas datas de solidariedade e bos sentimentos.

As axudas irán destinadas ao programa de atención urxente, o cal contempla moito máis que atallar temporalmente certas situación de necesidade, perante actuacións de acompañamento, formación e asesoramento. A listaxe de produtos, que podedes ver máis abaixo, abrangue dende conservas ata cueiros, co que agardamos que calquera poida contribuír dalgún modo a esta causa.

Os puntos de recollida están nas entradas dos supermercados Gadis da Pista da Devesa, xusto a entrada de Xinzo, o Día xunto a Praza Mayor, na Avenida de Madrid, e o Eroski da estrada de Celanova. Como non pode ser doutro modo, tamén vos podedes achegar ao número 1 da Praza Maior e dárnolos na oficina. Do 12 ao 17 de decembro, colabora! Moitas grazas!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.1- Cobertura de bens de primeira necesidade