Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 30/11/2016 | diplomas curso español básico

Rematou o noso Curso de español básico para inmigrantes

Tras máis de dous meses

30/11/2016 | Xinzo de Limia

Onte puxemos punto final ao curso de español básico para inmigrantes. E que mellor forma de dicir adeus que cun intercambio cultural? Marabillosa a tarde que nos brindaron as alumnas e maila xente colaboradora do proxecto no comedor do Rosalía de Castro!

A xornada comezou cuns últimos momentos a soas coas profes, para máis adiante ir recibindo visitantes ante o olorciño que o cuscús e as castañas deixaban escapar polo patio do colexio. Según chegamos, asistimos con ilusión á entrega de diplomas acreditativos, para atoparnos ao seguinte momento coas mans cheíñas de galletas, pasteis e numerosos praceres culinarios que baixaban moito mellor co fabuloso té en preciosos vasos típicos.

 

Xa coas barrigas a estourar, chegou o momento das reflexións finais, durante un cuarto de hora do que hai que destacar a idea de que as actividades con inmigrantes non deben quedar só en cursos integrados por eles, senón noutros que permitan facer ver unhas culturas a outras para voltar máis grande cada unha delas. Este é un compromiso que tanto o CDR como as alumnas teñen que levar adiante.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias