Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/11/2016 | II partido por la igualdad cdr o viso

II Partido 'A Prol da Igualdade'

Punto final ao ciclo para a eliminación da violencia contra as mulleres, pero non á idea

28/11/2016 | Xinzo de Limia

O pasado sábado, o CDR O Viso (coa colaboración do Centro de Información á Muller e a Cruz Vermella de Xinzo de Limia) pechou a semana adicada a eliminación da violencia contra as mulleres co segundo partido “A Prol da Igualdade” no pavillón de deportes do propio Xinzo.

O encontro, no que participaron numerosos veciños e veciñas da comarca, foi todo un espectáculo futbolístico. As mostras de calidade e xogo limpo sucedéronse ao longo dos minutos, que remataron por facérsenos moi curtos á maior parte. A boa presenza de público tamén axudou a quentar a cancha na fría tarde de novembro limián.

O partido rematou cuns obsequios por parte das entidades organizadoras e un resultado de 4-2 para o equipo vermello. O de menos. Co que hai que quedar é coa nova mostra de que o deporte é unha das vías máis sinxelas para entender que a discriminación por causas como o xénero, a etnia ou a idade xa debera ter sido eliminada hai moito, moito tempo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias