Noticias
© CDR O Viso | 07/11/2016 | 1
As participantes nos obradoiros de Memoria e Ximnasia xa celebraron o Magosto
07/11/2016 | Lodoselo
Este pasado fin de semana as persoas participantes nos Obradoiros de Ximnasia de mantemento e de Adestramento da Memoria celebraron nas instalacións do CDR O Viso o Magosto. Tiveron que facelo no interior da casa rectoral pola chuvia. Alí contaron tamén coa presenza dun gaiteiro e algunhas pandeiretas... ¡así que armaron unha boa pandeirada!
Non fallaron a Sabela e o Rubén -acompañando ás súas avoas- para animar a sesión e adornar aínda máis, se cabe, a festa. Porque se nos faltan eles...
Arquivada en:
Infórmate > Noticias