Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/11/2016 | 1

Oito empresas de hostelería acollen as prácticas do curso de axudante de cociña

De catro Concellos da Comarca

07/11/2016 | A Limia

   Xa está a maioría do alumnado na fase de prácticas. O obxectivo do curso está cumplido; era formar ás persoas participantes como axudantes de cociña obtendo así unha cualificación profesional que lles axude a mellorar a súa empregabilidade no sector da hostelería. Os lugares onde as realizan pertencen ós Concellos de Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia. Son o restaurantes Novaíño, Europa, o hotel Xinzo, a estación de sevizo Antela S.L., a Parrillada Rancho Grande, Bar Tapas Calahorra e La Galería; tamén nas propias instalación do CDR O Viso. Agradecemos esta colaboración necesaria para unha óptima e contextualizada aprendizaxe. Esta fase ten unha duración de 40 horas.

Da avaliación realizada polo alumnado e profesorado queremos salientar a boa valoración das instalacións, medios didácticos, contidos, práctica realizada... pero sobre todo valoran o sentimento de grupo creado; e isto é clave tendo en conta que era un grupo multicultural; por outra banda dicir que a principal petición que se fai é de que debería durar máis e incluso había alguén que consideraba que o grupo debería ser máis reducido.

Agradecer tamén que a posibilidade de facer o curso debémoslla á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que financiou esta actividade a través da convocatoria para entidades de iniciativa social; cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.  Lembramos que esta actuación está enmarcada na mellora das competencias sociais e profesionais para a adquisición dunha formación laboral adaptada ás necesidades das persoas en situación de exclusión social. 

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias