Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 31/10/2016 | organizacion reparto outubro 2

Reparto mensual. Outubro 2016 - Programa de emerxencia social

Programa de atención urxente a persoas en situación de risco ou exclusión social – IRPF 2015

31/10/2016

Este mes rematamos coa convocatoria do IRPF 2015 que ten lugar ata o 31 de outubro e que financiou este Programa de atención urxente, á espera da concesión para o vindeiro período, que iniciará en novembro proveniente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociales e Igualdade.
O pasado martes 25 organizamos o reparto no Centro de Inclusión del CDR O Viso en Lodoselo e trasladamos os lotes cara o almacén da Praza de Abastos que nos cede o Concello de Xinzo de Limia. O reparto tivo lugar o mércores 26 a partir das 11:00h. Del beneficiáronse máis de 60 persoas da comarca en situación de risco ou exclusión social. Agradecemos a participación de persoal voluntario que —tal e como se pode ver nas imaxes— contribuiu á organización do mesmo.
O método que seguimos é aproveitar a alimentación e produtos de hixiene inventariados no Centro de Inclusión —procedentes de doazóns do tecido empresarial ou de particulares, do Banco de Alimentos de Ourense, etcétera—, complementándoos con outros produtos básicos para artellar uns repartos variados que resposten ás necesidades de persoas de distintas idades. Non podemos elaborar unha receita ou paquete básico de alimentación, debido a que en función da cultura das persoas coas que estamos a traballar terá unhas ou outras prioridades, de aí que –na medida do posible- tratemos de adaptarnos a elas.
Concluimos pois esta etapa, por unha banda, coa preocupación de observar moitas situacións de risco ou exclusión social na nosa comarca e, por outra banda, coa satisfacción de ter contribuido a darlle resposta ás necesidades máis urxentes das mesmas, implementando e avaliando con elas outras necesidades latentes que poidesen ter.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.1- Cobertura de bens de primeira necesidade